A nosa historia

Os comezos e a evolución

A Cooperativa fúndase no ano 1973 por iniciativa dunha vintena de persoas que apostaban pola cooperación, e querían dar servizos aos veciños do Val e do contorno. Algún tempo antes, tres ou catro anos, o axente de extensión agraria Manuel Domínguez percorría os distintos barrios da parroquia pelexando pola posta en marcha dun movemento cooperativo agrario no Val.
 
O 25 de abril do ano 1973, celebrouse unha xuntanza na casa de Don Amancio, profesor de matemáticas no colexio “ Rapariz” de Ferrol, onde participaron un grupo de persoas dos cales, e despois de facer unha votación entre eles, nombrase o primeiro presidente da Cooperativa. Dende esta data ata a celebración da Acta de constitución, trabállase a reo para conseguir a súa legalización. Cabe mencionar que ás diversas xuntanzas que se facían naqueles tempos para constituir unha Cooperativa, se facían na casa de Don Amancio, o cal se encargaba de avisar a Garda Civil para comunicarlle o motivo de dita xuntanza. Tamén a propia Administración, naqueles tempos, esixía que nesas xuntanzas se incorporara ó párroco da parroquia na figura de Consiliario.
 

O 18 de novembro de ese ano, firmouse a Acta de Constitución Definitiva da Cooperativa. A semente que espallaba Manuel Domínguez ía prendendo e a finais do ano 1973 constitúese formalmente a Cooperativa Agraria de O Val cun total de 123 socios. Non foi moi doado dado que na parroquia de Meiras do Concello de Valdoviño había unha Cooperativa moi puxante naqueles tempos e na parroquia de Castro do Concello de Narón atopábase unha Cooperativa inmersa nunha profunda crise, polo que o Val estaba totalmente rodeado de luces e de sombras.  Os Estatutos elabóranse dacordo coa lei vixente naqueles tempos, e o sistema de funcionamento interno fíxose seguindo o modelo das Caixas laboráis Vascas.

A transparencia na xestión dos bens común era, e segue a ser, un principio básico do funcionamento, polo que se firmou ante notario e tamén polo que, como a lei de eses anos non permitía máis membros na Directiva, creouse o Consello de Vixilancia para maior fiscalización da xestión.

A cooperativa nace como un pequeno almacén en base as aportacións e o moito traballo dos veciños. A aportación primeira que realiza cada socio é de 1000 pesetas. Este sirve de punto de venta de distintos artículos e produtos relacionados co campo: abonos, pensos, sementes, etc. Nestes primeiros anos conta cun cadro de personal dunhas cinco persoas que vai medrando progresivamente ata as 40 que compoñen na actualidade a plantilla da Cooperativa. 

Aló polo ano 1975 empezou a funcionar o que sería xérmolo da actual Sección de Crédito. Tamén foi daquela cando a Cooperativa estivo en disposición de devolverlle ós asociados as aportacións que, nun principio fixeran para a compra dos productos do Almacén.Foi Don Amancio (daquela tesoreiro da mesma) quen propuxo que este diñeiro se quedara na Cooperativa e facerlle unha cartilla a cada un dos socios cos cartos que depositara (diversos socios donaron máis cartos para a Cooperativa dunha maneira totalmente altruista) e, deste xeito, pagarlle a cada quen os intereses que os seus cartos ían xenerando tal e coma se dun Banco se tratara.Esta sección comenzou cun capital social de 600.000 pesetas e na actualidade pasa dos 20 millóns de euros.

No ano 1979 comenzou a funcionar a sección de maquinaria. Nun principio dispuñase dun tractor cos seus apeos que se mercaron ó travesó dunha subvención pola producción leiteira. Acordouse contratar un tratorista para se facer cargo , por un prezo axeitado, dos traballos que os socios precisaran. Esta sección foi experimentando unha forte demanda e , coma consecuencia foise ampliando o parque móvil agrícola.

A Cooperativa segue mellorando en instalacións e evolucionando ao ofertar cada vez máis servizos e novos artigos. Entre eles, o leite, que foi o produto grazas ao cal foi medrando o número de asociados. A produción do leite foi, de feito, un dos motores importantes da economía da Cooperativa, comercializábanse aproximadamente 10.000 litros diarios, supoñendo ingresos importantes sobre todo trala asociación con Leyma, empresa do sector leiteiro que xestiona o labor de comercialización do producido polos socios. Isto foi así ata finais da década dos 80 e comezos dos 90, cando se impuxeron as cotas leiteiras e os socios comezaron a abandonar o sector.

Os anos 80 marcan un cambio cara ó futuro. O Consello Reitor empeza a planificar para irse adiantando ós acontecementos. Se a sección de leite foi, durante moito tempo, o motor económico da Cooperativa, foise capaz de irse anticipando a problemática que pouco máis tarde xurdiría e que supuxo a desaparición de moitas das explotacións.

Entre 1992-93 prodúcese un salto cualitativo en superficie disponible. A Cooperativa adquire terreos lindantes co almacén principal e vai construíndo a primeira área comercial así como ampliando o espazo destinado ó almacén, pasando dos 150 m aos 2.500 m. Actualmente, a Cooperativa conta cunha superficie de área comercial de 4000 metros cadrados

No ano 95 créase a Sección de Horta, sempre co criterio de mellorar os servizos aos socios, cunha optimización da xestión da producción e comercialización. Para este fin, constrúese unha nave de 1.000 m de superficie, adaptándoa ás necesidades da sección (cámaras de frío, báscula, transporte, etc.) e iníciase un proceso de comercialización do producido no seo da Cooperativa. Nesta seccion se recollen os productos que os socios cultivan nas súas hortas ( leitugas, tomates, etc…) para realizar conxuntamente o proceso de comercialización. A calidade é un dos principáis obxetivos para as producción que explotan cada un dos cooperativistas asociados; éis polo que, dende un primeiro momento, un perito agrícola da Coperativa encárgase de aconsellar na mellor das maneiras para conquerir productos agrícolas de primeira calidade do mesmo xeito que, na metade dos anos 80, conseguiuse mellorar o control sanitario do gando con examinacións veterinarias gratuítas.

No ano 97 créase un Supermercado cunha superficie de 400 m2, pero en menos de dous anos ampliouse ata os 750 m2, pola forte demanda dos socios, o que lle permite ofrecer cada vez máis servizos: frutería, charcutería, carnicería, pescadería, bollería, etc.

No ano 2003-2004 fusionámonos coa Cooperativa de Serantes no concello de Ferrol, fundada en 1909. Dende a Cooperativa realízase un importante investimento para reformar as instalacións e adaptalas a supermercado e agrotenda, así como a poñer en marcha a Sección de Caixa de Crédito na propia cooperativa de Serantes, no ano 2008.

En 2005 a Cooperativa instala un viveiro de 1.200 m2 nunha finca de 5 hectáreas para colleitar planta para as súas agrotendas e así cubrir todo o ciclo, desde que se sementa ata que se vende ao consumidor, con producción no interior e exterior do invernadoiro.

No ano 2010 a Cooperativa leva a cabo un importante cambio na sua estructura: a antiga sección de Horta pasa a ser dende maio dese ano unha Cooperativa agraria independente denominada Cooperativa do Campo Galego O Val- Narón S.C.G., dirixida polos propios agricultores e independente da Cooperativa Santa María do Val, estrutura que conserva ata a actualidade.

Entre os servizos que ofrece cabe destacar:

  • Estudos e planificacións das extensións agrarias susceptibles de cultivo 
  • Asesoramento e asistencia técnica aos produtores e agricultores asociados para obter os mellores resultados nas colleitas
  • Recepción, clasificación, envasado e comercialización dos produtos cultivados polos nosos socios.                                 

No mesmo ano, créase unha Cooperativa de Segundo Grao: GRUPO COSTA ÁRTABRA, S.C.G, O VAL – NARÓN co obxeto de promover, coordinar e desenvolver fins económicos común da Cooperativa do Val e da Cooperativa do Campo Galego e das posibles novas Cooperativas que poidan xurdir.