QUE É A COOPERATIVA?

A Cooperativa do Val é unha asociación autónoma de persoas que se uniron voluntariamente para formar unha organización democrática cuxa administración e xestión se leva a cabo da forma que acordada polos socios
 
A súa intención é facer fronte ás necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais comúns a todos os socios, baseándose no principio de axuda mutua, para a consecución dos obxectivos xerais do conxunto dos membros e mellorar as condicións de todos os socios.
 
A propiedade desta empresa ten carácter de conxunto, é dicir, a empresa posúena todos os membros: todos os socios gobernan, e teñen igualdade en canto a dereitos, obligacións e peso nas decisións: un voto por membro. Estas decisións tómanse de forma totalmente democrática.