Obra Social: Fundación Terra de Trasancos

No ano 1992 xorde a iniciativa por parte da Cooperativa do Val de constituír unha Fundación, a Fundación Terra de Trasancos, entidade que, dentro da Cooperativa, canaliza as actividades de obra social, e cuxo obxectivo fundamental consiste na promoción social e cultural de toda a área de influencia da Cooperativa, a comarca natural de Trasancos, integrada polo Concello de Narón e as súas áreas limítrofes.

A Fundación Terra de Trasancos está promovida pola Sociedade Cooperativa Galega Sta. María do Val e administrada por un padroado integrado por representantes da sinalada Cooperativa, da Corporación Municipal de Narón e varios particulares promotores da iniciativa.

Os seus fondos proceden das achegas anuais do Fondo de Educación e Promoción da Sociedade Cooperativa Galega Santa María do Val, das axudas das Administracións Públicas e das achegas de empresas privadas da zona.

Dentro da Fundación realízanse diversas actividades tanto para nen@s, como para moz@s e persoas maiores:

  • Talleres de memoria, ximnasia terapéutica, informática e Internet, ioga, coredance, aeróbic terapéutico, psicomotrocidade, "cantareiras", teatro, bailes todos os venres, excursións...

A Fundación tamén ofrece diversos servizos como: barbaría, odontoloxía, podoloxía, fisioterapia, estética, traballadora social...