A Cooperativa acada o “Premio á promoción do cooperativismo”

Venres, 18/07/2014 - 15:26

A Cooperativa recibíu o “Premio á promoción do cooperativismo” concedido polo Consello Galego de Cooperativas pola súa longa traxectoria e o seu éxito na aplicación desta fórmula empresarial para facilitar un bo servizo aos veciños. Este galardón foi entregado o pasado 5 de xullo con motivo do Día do Cooperativismo Galego.

Fundada en 1973 por un centenar de persoas, a Cooperativa do Val conta nestes días coa nada desprezable cifra de 1.535 socios e socias. Desde os seus inicios como almacén de distribución de produtos agroalimentarios, a cooperativa diversificou xa nos seus primeiros anos de vida o modelo de negocio, até a ampla oferta actual, que pasa pola comercialización de leite; a sección de horta; supermercado; xestión de seguros e a sección de crédito. Esta última foi posta en marcha en 1975 e é a que máis beneficios achega ao colectivo