Socios

¿Qué razóns teño para facerme socio?

  • Proximidade
  • Beneficio de servizos especiais
  • Retorno da inversión aportada
  • Formar parte dunha cooperativa
  • Aparcadoiro

A Cooperativa está formada por persoas que teñen como inquietude mellorar e aumentar os servizos dispoñibles nas zonas de O Val e arredores:

  • pretendendo favorecer aos seus socios con todo aquilo que puidesen necesitar preto dos seus fogares,
  • atendendo ás ideas de "investir na zona é investir en ti" e "a Cooperativa somos todos",
  • formar parte da cooperativa significa traballar conxuntamente para favorecernos mutuamente.


Se vives preto dalgunha das nosas instalacións poderaste favorecer de servizos como:

  • oficinas bancarias para xestionar as túas contas
  • tendas con todo o necesario para o teu fogar e terreos
  • amplo aparcadoiro

As vantaxes de ser socio son, entre outras:

  • devolución do 2% das compras realizadas nas nosas tendas
  • devolución do 4% dos xuros xenerados polo capital aportado á cooperativa
  • Descontos en moitos servizos cos profesionáis colaboradores coa cooperativa (+ info)

 

¡Quero facerme socio!