Actualidade

Sociedade Cooperativa Galega

Produtos sen lactosa: Todo o que precisas nos supermercados da Cooperativa O Val

Descobre a nosa ampla variedade de produtos sen lactosa nin trazas de leite nos nosos catro supermercados.

Se es intolerante á lactosa ou simplemente prefires unha dieta libre de lácteos, temos boas novas para ti! Nos nosos supermercados de O Val e Xuvia en Narón, Serantes en Ferrol e Perlío en Fene estamos comprometidos con ofrecerche opcións deliciosas e saudables sen lactosa (e sen trazas de leite).

Produtos destacados

  • Leites e bebidas vexetais: Desde leite de améndoas ata bebidas de avea e soia, ademais de leite de orixe animal pero sen lactosa, perfectas para os teus almorzos ou para gozar en calquera momento do día sen a hinchazón que producen os leites clásicos coa lactosa.
  • Iogures e sobremesas: Cremosos e deliciosos iogures sen lactosa nunha gran variedade de sabores. Proba os de Larsa de vainilla sen lactosa, unha delicia. Os de Alpro con todos os seus sabores en base soia, os de Kaiku de Stracciatella… Temos sobremesas para adultos ou en formato bebible para nenos. Tamén as xelatinas…
  • Queixos sen lactosa: Ademais de ter queixos de cabra, cuxo porcentaxe de lactosa é moito menor, temos queixos sen lactosa en diferentes formatos. Por exemplo, loncheado para os teus bocadillos, para fundir sobre berenxena ao forno, fresco para ensaladas, quesitos...
  • Pan tostado: A maioría dos pans industriais tostados e de molde conteñen lactosa, leite ou ben trazas de leite, que só vemos cando nos fixamos con detalle na súa composición. Pero temos á venda algúns, como os de Recondo, ideais para os teus almorzos e merendas, sen trazas de leite. Ademais, os grissini de Schär, os seus pans de molde e tostados, que non teñen lactosa (nin tampouco glute).
  • Galletas e doces: Temos galletas sen lactosa, perfectas para acompañar o teu café ou té, ou para un snack saudable, desde a clásicas María de almorzo ata galletas infantís para almorzar en casa ou levar ao cole, pasando polas Delizias de Biodarma con laranxa e cúrcuma ou canela e limón…
  • Produtos para cociñar: Manteigas, natas, cremas para bater e máis, todo sen lactosa, para que poidas preparar as túas receitas favoritas.
  • Básicos de alimentación: Hai produtos que non esperariamos que tivesen lactosa, pero lévana entre os seus ingredientes. Para a túa comodidade, seleccionamos algúns loncheados de pavo ou de xamón que son libres de lactosa e calquera traza de leite.
  • Bebidas sen lactosa: Café Latte Kaiku lixeiro, batidos…
  • Salsas, cremas, sopas: As maionesas de Ybarra sen lactosa (e sen glute), a crema de verduras mediterráneas de Knorr, a bechamel de arroz Amandín (que ademais non ten azucres engadidos, nin glute, é vegano e BIO)…

Visítanos nas nosas catro tendas de Narón, Ferrol e Fene!

Podes atopar esta gran variedade de produtos en calquera dos nosos catro supermercados. Asegurámonos de ofrecer sempre as mellores opcións sen lactosa para que coidar do teu benestar sexa máis fácil e saboroso.
Accesos

  Máis información