Actualidade

Sociedade Cooperativa Galega

ASEMBLEA 2025

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Estimado socio/a:

Por medio da presente poño no seu coñecemento que o Consello Reitor na súa xuntanza do 3 de Abril de 2025, acordou a Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa Santa María do Val S.C.G., que se celebrará o vindeiro 8 de Xuño de 2025, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, no domicilio social da Cooperativa, sito en Crta de Valdoviño, 459-461, O Val - Narón.

Orde do día:

  1. Análise e aprobación, se procede, das Contas Anuais; informe de xestión e aplicación de resultados correspondentes o exercicio de 2024.
  2. Información do Presidente
  3. Determinación das achegas ao capital social dos novos socios e socias no exercicio 2025.
  4. Destino de fondos de formación e promoción.
  5. Información da Xerente.
  6. Rogos e preguntas.

A documentación referente os acordos a adoptar nesta Asemblea, consistente nas contas anuais e no informe de auditoría, estará a disposición dos señores socios para o seu exame no domicilio social da Cooperativa.

O Presidente

Firma do Presidente

José Diaz Dopico

Delegación de voto

Prema aquí para descargar o documento

Accesos

  Máis información