Actualidade

Sociedade Cooperativa Galega

ASEMBLEA 2026

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Estimado socio/a:

Por medio da presente poño no seu coñecemento que o Consello Reitor na súa xuntanza do 5 de marzo de 2026, acordou a Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa Santa María do Val S.C.G., que se celebrará o vindeiro 7 de Xuño de 2026, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, no domicilio social da Cooperativa, sito en Crta de Valdoviño, 459-461, O Val - Narón.

Orde do día:

  1. Análise e aprobación, se procede, das Contas Anuais; informe de xestión e aplicación de resultados correspondentes o exercicio de 2025.
  2. Información do Presidente
  3. Renovación da Auditoría de Contas NW Auditores, na persoa do Auditor José Angel Canalejas Couceiro, para os seguintes tres exercicios económicos.
  4. Determinación das achegas ao capital social dos novos socios e socias no exercicio 2026.
  5. Destino de fondos de formación e promoción.
  6. Información da Xerente.
  7. Renovación de cargos do Consello Reitor.
  8. Rogos e preguntas.

A documentación referente os acordos a adoptar nesta Asemblea, consistente nas contas anuais e no informe de auditoría, estará a disposición dos señores/as socios/as para o seu exame no domicilio social da Cooperativa.

O Presidente

Firma do Presidente

José Diaz Dopico

Delegación de voto

Prema aquí para descargar o documento

Accesos

  Máis información