Cestas de Nadal personalizadas na Cooperativa O Val
A maxia do Nadal comeza aquí!
Na Cooperativa O Val, queremos axudarche a compartir alegría e bos desexos coas nosas cestas de Nadal personalizadas.
🎁 Á túa medida:
Deseñamos cada cesta segundo as túas preferencias e orzamento. Podes elixir desde as opcións máis pequenas (detalles para ceas de Nadal, amigos invisibles, pequenos agasallos… a partir de 15 €), ata cestas de empresa de calquera importe. Adaptámonos tanto a particulares como a empresas que buscan detalles únicos para os seus empregados, cliente ou sorteos do Nadal.
🍷 Variedade e calidade:
Ofrecemos un amplo catálogo de produtos de adega: viños tintos, brancos, espumosos, licores, sidras e xenebras. Tamén somos especialistas en produtos galegos como xamóns, embutidos, chourizos, patés, turróns, barquillos e máis. Buscas algo especial? Tamén preparamos cestas sen gluten, sen lactosa, sen alcol ou con produtos ecolóxicos. E por suposto temos libros, axendas, calcetíns galegos, velas, adornos, flores, plantas, paraugas, pequenos electrodomésticos, cadernos, peluches, quebracabezas, xoguetes… para completar os teus agasallos de Papá Noel ou Reis ao teu gusto.
🌟 Presentación coidada:
Dispoñemos dunha gran variedade de formatos para as túas cestas:
- Cestas de vimbia de boa calidade, que son un agasallo en si mesmas que lles durará sempre nas súas casas.
- Caixas decoradas de cartón ou madeira para agasallos máis premium ou para entregas discretas sen que se vexa o contido.
- Cestos de tea, plástico, vimbia, cubos, maceteiros... liberdade creativa!
Así, podes elixir unha presentación aberta, perfecta para lucir como agasallo, ou pechada, ideal para un detalle máis discreto (cando as cestas se levan a consultas médicas, cando se envían por paquetería ou simplemente son sorpresa). Ademáis, podes optar por unha decoración de Nadal clásica ou completamente personalizada.
📦 Facilidade e comodidade:
- Entrega a domicilio (consulta condicións).
- Sistemas de pago cómodos: en caixa nas nosas catro tendas de O Val e Xuvia (Narón), en Serantes (Ferrol) ou Perlío (Fene). Tamén é posible o pago por transferencia ou en crédito (para socios/as).
- Se o teu encargo é para unha empresa, de moitas cestas iguais pero con variantes segundo alérxenos dos traballadores/as ou queres incluír algunhas de compromisos profesionais, personalizámolas segundo as túas necesidades.
🕒 Prazos de encarga:
Se necesitas entre 10 e 400 cestas, recomendámosche realizar o teu pedido con 15 días de antelación, especialmente se elixes produtos galegos de pequenos produtores, cuxo proceso de fabricación (en chocolate galego, turrón galego, galletas e pastas galegas, panettones de Lugo, froitos secos tostados artesanalmente en Betanzos….) pode ser máis lento.
📍 Fai o teu pedido en calquera de nosas catro tendas:
- O Val: Estrada de Valdoviño 459, 461 (15541 Narón, A Coruña)
- Xuvia: Rúa Marcial Calvo, 2 (15570 Narón, A Coruña)
- Serantes: Estrada Xoane, 87 (15405 Ferrol, A Coruña)
- Perlío: Av. Marqués de Figueroa, 10 -12 (15500 Fene, A Coruña)
📩 Para máis información ou encargos:
- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Teléfono: 656 60 84 71
🎄Este ano, fai dos teus agasallos algo único coa Cooperativa O Val! 🎄