Actualidade

Sociedade Cooperativa Galega

O outono xa está aquí: Prepárate para o frío cos nosos produtos de confort! 🍁❄️


Coa chegada do outono, o aire vólvese máis fresco, as follas caen, e empezamos a buscar o confort en casa. Nas nosas 4 tendas (Val e Xuvia en Narón, Serantes en Ferrol e Perlío en Fene), temos todo o que necesitas para manter o corpo abrigado e cómodo durante os días máis fríos que xa están a chegar aos poucos.

Descobre a nosa selección de produtos para combater o frío:

  • Calefactores portátiles: Mantén o teu fogar cálido cos nosos prácticos calefactores, perfectos para calquera habitación.
  • Deshumidificadores: un electrodoméstico básico nas nosas casas galegas.
  • Almofadas eléctricas: Ideal para relaxarche e sentir a calor neses días frescos de outono ou para acougar as doenzas articulares.
  • Bolsas de auga para a cama e sabas térmicas: O complemento perfecto para ter unha cama sempre cálida e acolledora, en diferentes tamaños e deseños.
  • Zapatillas: todas as tallas e deseños variados, infantís e de adulto, para estar na casiña este outono.
  • Cuncas, bols, tazones…: Saborea o outono cunha cunca de chocolate á cunca de Antoxo, feito en Galicia, para unha boa cunca de café Amador de Ferrol ou unha riquísima infusión de Orballo feita en Betanzos.
  • Mantas suaves e cálidas: Envolve os teus días e noites de outono en suavidade e confort coas nosas mantas de alta calidade. Para cama ou sofá, con diferentes acabados e estampados.
  • Tixolas castañeras e “filloeiras”: Porque se achega a época de celebrar as comidas de inverno, non esquezas que temos enxoval á túa disposición para o de sempre (olas, tixolas, fontes..) e para o especial de inverno (sarténs crepeiras, filloeiras de ferro, sarténs de castañas, batidoras para facer cremas de verduras…)

Se buscas un produto e non o atopas no teu supermercado da Cooperativa O Val máis próximo, ven a visitar a exposición da central de O Val (na estrada de Valdoviño, a 5 minutos do centro de Narón e de Ferrol), ou consulta no teu supermercado máis próximo.

Visítanos en calquera das nosas tendas e prepárate para gozar do outono ao máximo. Non deixes que o frío che pille desprevido!

🎃🍂

Accesos

  Máis información