Prepara a túa homenaxe no Día de Todos os Santos coas nosas flores e cirios
O 1 de novembro é un día de profunda tradición en Galicia, unha data na que lembramos e honramos aos nosos seres queridos que xa non están. Nesta ocasión tan especial, as flores e os cirios convértense en símbolos de amor, respeto e memoria.
Arranxos florais
Nos nosos supermercados da Cooperativa O Val en O Val e Xuvia (Narón), Serantes (Ferrol) e Perlío (Fene), ofrecemosche unha selección de fermosos arranxos florais que combinan elegancia e frescura. Desde tradicionais ramos de crisantemos, caraveis, statice, verdes… ata combinacións únicas que darán un toque especial a cada homenaxe.
Poderás encargar as túas flores con antelación para que as teñamos preparadas para ti recentemente cortadas. Se necesitas que che preparemos o centro, podes consultar connosco, tamén.
Cirios de Longa Duración
Ademais, contamos con cirios de longa duración, ideais para iluminar os momentos de recordo e oración, tanto de velas tradicionais como con led e pilas para despreocuparte e poder deixalo aceso.
Por que comprar flores para Difuntos na Cooperativa O Val?
O próximo 1 de novembro, confía en nós para axudar a expresar os teus sentimentos máis profundos. Fai o teu pedido con antelación e asegura que todo estea listo para render homenaxe da mellor maneira en Narón, Ferrol e Fene.
Contacta connosco
Teléfono: 981 45 39 01
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.