
Volta ao cole 2025
Material escolar para a volta ao cole coa Cooperativa O Val
Prepara o novo curso connosco e goza de todas estas vantaxes:
- ✅ Xestionamos os cheques de axuda para material escolar da Xunta de Galicia.
- ✅ Regalámosche unha caixa de rotuladores ou lapis de cores en todos os pedidos encargados.
- ✅ 10 € de desconto en compras de material escolar superiores a 50 €.
Como encargar o teu material escolar?
-
Compra na tenda
Podes coller ti mesmo o material na exposición da nosa tenda central de O Val (Estrada de Valdoviño 459-461, O Val, Narón). -
Encarga o material escolar
Se nos deixas unha copia da folla que che deron no colexio co material escolar, preparámolo por ti e chamámoste para vir recollelo. Podes deixar a copia en calquera das nosas tendas (O Val e Xuvia en Narón, Serantes en Ferrol ou Perlío en Fene), indicando o teu nome e teléfono, ou enviar o listado de material a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. -
¿Non atopas algún material que necesitas na tenda do Val?
Dillo aos nosos compañeiros de caixa e déixanos o teu número de teléfono. Avisarémoste en canto o produto estea dispoñible. -
Desconto directo para a túa próxima compra
Se o importe total da túa compra de material escolar supera os 50 €, dámosche un cheque de 10 € para gastar na túa seguinte compra en calquera dos nosos supermercados ou agrotendas (agás a peixaría do Val).
Nota: O desconto non se aplica na mesma compra. O cheque pódese trocar ata o 30 de setembro de 2025.
Este desconto aplica a produtos exclusivamente de papelería, libraría e oficina. -
Agasallo seguro nos teus encargos
Todos os pedidos preparados pola Cooperativa, independentemente do importe, inclúen unha caixa de lapis de cores ou rotuladores de agasallo. -
Cheque de axuda da Xunta de Galicia para a compra de material escolar
Xestionámoscho sen complicacións. Só tes que traelo cando veñas mercar ou recoller o teu material para o colexio, CEIP ou instituto. -
Convenios con centros escolares
Se o teu colexio ou centro de estudos na comarca de Ferrolterra ten un acordo coa Cooperativa O Val, consulta as condicións específicas no teu centro ou escríbenos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Consulta todas as condicións nas nosas canles sociais (@cooperativaoval en Facebook e Instagram), en calquera das nosas tendas (O Val, Xuvia, Serantes ou Perlío) ou escríbenos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
📅 Promoción válida do 8 de xullo ao 30 de setembro de 2025
👥 ¡Para todos! Socios, non socios e empregados da Cooperativa O Val