Lentes certificadas para ver a eclipse solar en Ferrol, Narón e Fene
Nos supermercados de O Val Sociedade Cooperativa Galega poñemos á vosa disposición lentes para ver a eclipse solar que cumpren cos estándares de seguridade esixidos para a súa comercialización.
Porque non tódalas gafas para ver o eclipse do 12 de agosto son iguais…
Estas, que podedes mercar nos supermercados de O Val, Serantes, Xuvia e Perlío, teñen as seguintes características:
- Certificación ISO 12312-2:2015.
- Cumpren o Regulamento (UE) 2016/425.
- Instrucións de uso en castelán.
- Fabricadas en febreiro de 2026, con caducidade aproximada de 3 anos desde a súa fabricación. Non tedes que tiralas despois deste eclipse.
- Dispoñemos da documentación de certificación e do marcado CE dispoñible para consulta.
Ceos Galegos: un proxecto de divulgación e ciencia
Estas lentes forman parte dunha iniciativa desenvolvida por Ceos Galegos, un proxecto galego de divulgación científica e comunicación social que promove o coñecemento da astronomía, a cultura científica e a observación responsable dos fenómenos naturais.
Apostar por este produto significa tamén apoiar iniciativas de divulgación científica desenvolvidas desde Galicia para toda a sociedade, e xa sabedes o que nos gusta traballar con proxectos e produtos da nosa terra.
O próximo eclipse solar será un dos acontecementos astronómicos máis especiais das últimas décadas e Galicia converterase nun dos mellores lugares de Europa para a súa observación. Para gozalo con total seguridade é imprescindible utilizar lentes homologadas especificamente para a observación solar, xa que mirar directamente ao Sol sen a protección adecuada pode provocar lesións oculares graves e irreversibles.
Podedes consultar un artigo sobre este tema na páxina web do Consello da Cultura Galega .
Onde mercar as gafas para ver o eclipse en Ferrolterra
As lentes están xa dispoñibles nas nosas catro tendas:
-
Narón
- Estrada de Valdoviño, 459–461 (O Val) Google Maps
- Marcial Calvo, 2 (Xuvia) Google Maps
-
Ferrol
- Estrada de Xoane, 87 (Serantes) Google Maps
-
Fene
- Marqués de Figueroa, 10–12 (Perlío) Google Maps
Unidades limitadas
Recomendamos realizar a compra con antelación para asegurar a súa dispoñibilidade antes do eclipse. Unha vez esgotadas as existencias, non podemos garantir a reposición do produto.
Se queredes, podedes chamarnos e reservalas no 981 453 901, ou estar atentos ás nosas canles sociais en Facebook e Instagram.
Lembrade que na nosa Cooperativa O Val estamos abertos a todo o público en horario continuado de 9:00 a 21:00 horas.